O primeiro Concurso de Enganches Concello de Chantada foi todo un éxito

RibeiraSacraXa
A competición, que comezou ás 17.00 horas, atraeu moito público debido a que "ver carruaxes de cabalos sempre impacta moito”
concurso-territorial-de-Enganches-en-Chantada
Concurso Enganches Chantada
22 Xul 2024

Chantada acolleu o primeiro Concurso de Enganches Concello de Chantada da man do Club de Enganches de Galicia, sendo unha das 6 probas puntuables para o Campionato Galego.

A competición, que comezou ás 17.00 horas, atraeu moito público debido a que "ver carruaxes de cabalos sempre impacta moito”, tal e como afirmaba o alcalde chantadino, Manuel Lorenzo.

O Concurso, que se desenvolveu na disciplina Enganche, categoría Proba de Obstáculos Territorial; tivo lugar na parcela detrás do ambulatorio con acceso pola rúa Portomarín e nel participaron nenos con poni, a dun cabalo só e dous cabalos.

Así, puxéronse 16 obstáculos na pista e os participantes percorreron a pista sen tocalos, tendo os conos unhas boliñas na punta para que os competidores non as poidan tirar, facendo os mellores tempos.

Ademais de gozar do concurso, as persoas que se achegaron a Chantada tamén poideron ver distintas carruaxes, como os carros de institutriz ou tono; calesas, ralli cars e dog cars, os waggonette; factones, landós, victorias, cupés...

0.16218018531799