O presidente da A.D. Río Cabe Golf gañou o Torneo de Golf Concello de Monforte

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega dos trofeos e agasallos aos gañadores do Torneo de Golf Concello de Monforte, organizado pola A.
gañador torneo de golf Monforte 2023
14 Ago 2023

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega dos trofeos e agasallos aos gañadores do Torneo de Golf Concello de Monforte, organizado pola A.D. Río Cabe Golf, e que conta co patrocinio do organismo municipal.

Así, o gañador absoluto do torneo foi José Ángel Pérez Reñones, quen tamén é presidente desta asociación deportiva, que recibiu o trofeo do alcalde no propio campo de golf despois de que o rexedor lle dera os parabéns.

O goberno municipal de Monforte apoia estas iniciativas, que promoven o deporte entre a cidadanía da cidade do Cabe e fomentan a diversidade de actividades para todos os públicos.

0.16515588760376