O prazo para solicitar actuacións gratuítas relacionadas coa recepción da TDT en Monforte remata a finais de mes

RibeiraSacraXa
O servizo é completamente gratuíto e estará dispoñible ata o 31 de outubro
television-recurso
7 Oct 2025

O Concello de Monforte informa de que o próximo 31 de outubro remata o prazo para que os usuarios da televisión dixital terrestre (TDT) poidan solicitar intervencións gratuítas ante posibles problemas de recepción derivados do despregue das redes 4G e 5G.

Dende o Concello advirten de que tras a posta en servizo das novas estacións de telefonía móbil no municipio, algunhas persoas poderían experimentar incidencias na recepción da TDT, e que para garantir que estas afectacións se solucionen sen custo para os cidadáns, a entidade Llega700 encárgase de realizar as actuacións técnicas necesarias. O servizo é completamente gratuíto.

O despregue das redes 4G e 5G, sinalan dende o goberno municipal, forma parte do establecido no Real Decreto 579/2019, polo que se liberaron as frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles UHF 49 a 60), previamente destinadas á TDT, e asignáronse ás operadoras de telefonía móbil.

Llega700, constituída polos propios operadores, ten como obxectivo garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre e resolver calquera incidencia na recepción do sinal.
Os usuarios interesados poden xestionar as solicitudes a través do teléfono gratuíto 900 833 999.

⚙ Configurar cookies
0.08315896987915