O prazo para presentar as propostas para o cartel da XLIV Feira do Viño de Quiroga estará aberto ata o 19 de febreiro

RibeiraSacraXa
O traballo seleccionado recibirá un premio de 300 euros e un diploma acreditativo, e converterase na imaxe anunciadora da vindeira edición da feira
feira-do-viño-de-quiroga-2025
12 Feb 2026

O Concello de Quiroga ten aberto ata o 19 de febreiro o concurso para elixir a imaxe oficial da XLIV Feira do Viño, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de abril.

O certame está dirixido a maiores de 18 anos que presenten un traballo orixinal e inédito. O deseño deberá centrarse na Feira do Viño e reflectir a tradición vitivinícola da comarca, así como a súa identidade cultural e patrimonial. O xurado valorará especialmente a presenza de elementos propios do municipio, como a paisaxe, os viñedos, a arquitectura ou as súas celebracións populares.

O cartel deberá incorporar de maneira visible o texto “XLIV Feira do Viño de Quiroga” xunto coas datas de celebración. Ademais, terá que permitir a súa adaptación a distintos formatos de impresión e difusión, deixando espazo para a inclusión de logotipos oficiais e da lenda “Quiroga, Concello de interese turístico”, que será engadida posteriormente. O traballo seleccionado recibirá un premio de 300 euros e un diploma acreditativo, e converterase na imaxe anunciadora da vindeira edición da feira.

Desde a organización lembran que non se admitirán propostas con contidos de carácter político ou discriminatorio, nin tampouco obras creadas mediante o uso de intelixencia artificial. As bases completas poden consultarse na sede electrónica municipal.

⚙ Configurar cookies
0.080896854400635