O prazo para preinscribirse no Campamento de Verán de Sober finaliza o venres

RibeiraSacraXa
O CoCncello de Sober organiza do 4 de xullo ao de agosto un campamento de verán baixo o nome de Coñece o teu Concello
campamento sober
31 Maio 2022

O Concello de Sober organiza un campamento de verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos dende o 4 de xullo ao 4 de agosto. Baixo o nome Coñece o teu Concello os asistentes realizarán diversas actividades, xogos e saídas desde as 10.30 ás 13.30 horas.

Os interesados en facer a inscrición ou solicitar máis información poden facelo nos teléfonos 982 460 001 ou no 982 460 513.

O prazo de preinscrición finaliza este venres 3 de xuño.

0.11171197891235