O PP provincial solicita unha mesa de traballo para un reparto igualitario do parque móbil

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O PP solicita unha mesa de traballo para acadar un reparto igualitario do parque móbil a todos os concello de menos de 20.000 habitantes
deputados pp parque mobil
22 Jul 2023

Os deputados populares ven fundamental deseñar un plan de colaboración cos Concellos, que sexa transparente, para poñer a disposición de todos os municipios da provincia os medios existentes no parque móbil provincial en base a criterios obxectivos e igualitarios.

"A Deputación de Lugo ten que garantir un reparto igualitario dos fondos e dos servizos dispoñibles a todos os concellos da provincia". Esta é unha das prioridades que anunciaron os deputados do Grupo Provincial Popular na súa toma de posesión e no primeiro pleno deste mandato así o referendarán.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, anuncia que se defenderá unha iniciativa para crear unha mesa de traballo, cunha periodicidade trimestral, na que estean presentes todos os grupos políticos e o persoal que se considere oportuno para que, en primeiro lugar, dea conta de con que concellos colaborou a Deputación Provincial de Lugo no arranxo e mantemento da rede viaria nos últimos catro anos e a relación dos Concellos cos que teñen previsto colaborar durante o presente ano 2023.

Unha vez que o goberno provincial dea conta da colaboración prestada e da que ten previsto dar, para os populares “é fundamental deseñar un plan de colaboración cos Concellos para poñer a disposición de todos os municipios da provincia os medios existentes no parque móbil provincial en base a criterios obxectivos e igualitarios”, para que a distribución dos medios dispoñibles no parque móbil e na programación do traballo teñan preferencia aqueles municipios nos que nunca se actuara ou se fixera na data máis afastada dende a súa posta en marcha, ou por motivos de urxencia e necesidade debidamente acreditados.

Os deputados populares entenden que esta iniciativa debería aprobarse por unanimidade porque que a provincia teña unha rede de infraestruturas viarias en bo estado é fundamental para o desenvolvemento social, económico e turístico.

"Son recorrentes as queixas dalgúns alcaldes pola ausencia de resposta ás peticións de maquinaria e equipamentos para realizar estes traballos polo que os deputados populares consideran que é preciso facilitar a posta a disposición dos medios cos que se conta no parque móbil provincial a todos os municipios cunha poboación inferior aos 20.000 habitantes, xa que a optimización dos recursos pasa, entre outras medidas, pola coordinación e polo necesario entendemento entre administracións", din.

Os deputados populares rexistraron unha solicitude de acceso para poder ver as instalacións, presentarse e así poder falar cos traballadores e comprobar o estado no que se atopa a maquinaria dispoñible en aras a un reparto equitativo para todos os concellos da provincia garantindo sempre a máxima transparencia, pero topáronse coa negativa do goberno provincial que decidiu rexeitar esta solicitude de entrada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17496395111084