O PP presenta o seu ideario de cara ás eleccións europeas na apertura da campaña

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A presidenta provincial insistiu en que “a clave desta campaña está na mobilización
partido-popular-ideario-eleccions-europeas
Presentación da campaña do PP ás europeas
24 Maio 2024

A presidenta provincial subliñou que “é moito o que Lugo pode aportar a Europa e, por iso, é tan importante ir a votar o vindeiro 9 de xuño”.

"Hai catro grandes desafíos aos que debemos facer fronte: o demográfico, onde necesitamos un Partido Popular forte na Eurocámara para defender a independencia da xustiza e as institucións; o desafío social, con medidas para mellora a vida das familias, apoiar á xente moza e potenciar os servizos sanitarios, educativos e de vivenda; o desafío económico xa que Europa precisa reformas sólidas para pechar a brecha salarial e de competitividade con EE.UU., protexendo o investimento produtivo e fomentando a creación de empresas e o desafío xeoestratéxico”, dixo.

A presidenta provincial tamén insistiu en que “a clave desta campaña está na mobilización” reflexionando sobre a importancia destes comicios “onde os lucenses e os galegos xogámonos moito” matizando que “é moi importante pechar este ciclo con outra vitoria como a que conseguimos nas autonómicas”.

Elena Candia avanzou que na provincia de Lugo haberá unha forte presenza na rúa, con actos sectoriais, carpas informativas, etc. “É o momento de dialogar coa veciñanza e de compartir con eles porque é vital que escollan a papeleta do Partido Popular para facer chegar a nosa voz en Europa”, dixo.

O lema desta campaña “A túa resposta” reflicte o noso compromiso coa cidadanía. Somos un partido que traballa para buscar solucións aos problemas dos galegos e galegas e dar respostas aos retos de futuro por iso este 9 de xuño é vital saír votar para levar unha mensaxe clara a Europa.

“É o momento de que a cidadanía se pronuncie alto e claro contra partidos que se coaligan con formacións independentistas herdeiras de ETA, ou con partidos que, cada vez máis, minan os principios do Estado de dereito”, concluíu.

0.20443296432495