O PP presenta 50 medidas para incluír nos orzamentos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Foron recollidas nas reunións que se celebraron con alcaldes e concelleiros populares
propostas-pp-orzamentos
23 Out 2024

Tras manter varias xuntanzas con alcaldes e portavoces do PP nos 67 concellos da provincia, os deputados do Grupo Provincial Popular rexistraron na Deputación Provincial de Lugo un documento con todas as necesidades e solicitudes de colaboración da institución provincial realizadas nestas reunións.

Os deputados populares ofreceron unha rolda de prensa para explicar de forma pormenorizada as peticións realizadas. Deste xeito, o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que “constatamos con nos 67 concellos hai reivindicacións comúns e que son de urxente solución”, entre as que sobresaen o mantemento da rede provincial de estradas, a recollida de animais abandonados, o ciclo da auga ou a recollida do lixo, entre outras moitas. “Unha das conclusións que sacamos destas xuntanzas é que máis da metade da provincia denuncia desatención por parte da Deputación”, explican.

As propostas que presentan están divididas nas distintas áreas de traballos, que van desde as infraestruturas, ao turismo, cultura, benestar social e medio ambiente.

Pódense consultar as propostas nesta ligazón.

0.18604898452759