O PP preguntará no pleno da Deputación de Lugo pola futura residencia de maiores do Saviñao
RibeiraSacraXa
Lembran que a residencia foi comprometida fai 14 anos
Deputación de Lugo
25 Nov 2024
Os deputados populares preguntarán no Pleno d Deputación de Lugo polos plans de PSOE e BNG coa residencia de maiores comprometida, hai 14 anos, no Concello de O Saviñao.
O compromiso da Deputación de Lugo con todos os veciños de O Saviñao vén do ano 2010 (asinado oficialmente en xaneiro de 2011) e a residencia construiríase nunha parcela sita no casco urbano e que se adquiriu a través da extinta Suplusa.
Os deputados populares queren saber que van a facer PSOE e BNG con este compromiso adquirido xa que “a única realidade a día de hoxe é que a parcela na que se debería de localizar a residencia está abandonada”.