O PP pide o arranxo das estradas provincias en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
Sinalan que a LU-P-5303 atópase nun estado “intransitable”
Imaxe da LU-P-5303 en Ribas de Sil
Imaxe da LU-P-5303 en Ribas de Sil
3 Feb 2025

O PP de Lugo denuncia o “abandono” das estradas provincial no concello de Ribas Sil. O voceiro popular, Antonio Ameijide, e a voceira do PP en Ribas de Sil, Sandra Macía, advirten de que a LU-P-5303 está nun estado “moi deficitario” a pesar de que “hai meses que alertarmos da súa situación e nada fixeron”, referíndose ao goberno provincial da Deputación de Lugo.

Esta estrada provincial está totalmente agretada e ten zonas moi rotas por mor das filtracións de auga o que provocou que, ao seu paso por Torbea, “sexa case imposible circular”, explican dende o PP.

Antonio Ameijide sinala que nesta estrada, tanto os veciños como dende o Grupo Provincial Popular, “xa pedimos en varias ocasións que se melloraran as medidas de seguridade, sobre todo ao paso pola aldea de San Lorenzo, onde hai unha caída de varios metros”. “Esta estrada supón un gran perigo para os condutores xa que carece, na maior parte do seu percorrido de biondas ou dos elementos de seguridade precisos para evitar a caída dun vehículo polos numerosos taludes que hai ao longo desta estrada”, asegura.

Pola súa banda, a voceira popular en Ribas de Sil, Sandra Macía, fai patente o malestar e enfado dos veciños que ven “como dende a Deputación de Lugo non se lles fai caso algún nas súas reclamacións” e sinala que “todos teñen moito medo de circular por esta vía” debido ao perigo que supón, xa que “ademais das gretas e roturas que presenta, tamén hai puntos con corrementos de terra”.

Sandra Macía explica que debido a esta situación “a maior parte dos veciños opta por realizar os seus desprazamentos por vías alternativas, chegando nalgún caso a tardar unha hora máis do habitual, xa que circulan por vías que non están amañadas”.

0.16138195991516