O PP pide o arranxo da LU-P-4112 en Pantón

RibeiraSacraXa
Denuncian que o estado da estrada “dificulta a mobilidade dos veciños de Pantón, así como dos turistas que se desprazan polo municipio”
pp-LU-P-4112-panton
15 Oct 2025

Os deputados do Grupo Provincial Popular, xunto ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e concelleiros do PP da provincia, esixen o mantemento da estrada provincial LU-P-4112.

Os populares denuncian “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que dificulta a mobilidade dos veciños de Pantón, así como dos turistas que se desprazan polo municipio para acudir aos diferentes puntos turísticos da localidade” como pode ser a Fervenza de Augacaída, unha das máis concorridas da provincia pola súa beleza natural e espectacularidade”.

O PP lembra que non é a primeira vez que pide o arranxo desta estrada e, en xeral, da rede viaria a nivel provincial, “para facilitar as comunicacións e, sobre todo, por seguridade”. Ademais, demandan que estes arranxos se fagan antes do verán para ter as estradas en perfecto estado ante a chegada de visitantes.

Dende o Grupo Provincial Popular consideran que este feito constitúe unha “desatención” por parte do Goberno provincial á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade e chaman ao “esforzo conxunto de todas as administracións, así como dos veciños da provincia, para acadar este recoñecemento”.

⚙ Configurar cookies
0.069375038146973