O PP pide explicacións sobre a situación dos traballadores de LogiRail en Monforte

RibeiraSacraXa
Segundo o PP, as condicións laborais dos traballadores “non son aceptables, con salarios que non se corresponden coas funcións de máis cualificación que están desenvolvendo”
pp-logitrail-monfortee
7 Aug 2025

O Partido Popular volve interesarse pola situación dos traballadores de LogiRail, filial do Grupo Renfe, que prestan os seus servizos no Centro de Ciberseguridade de Monforte xa que as súas condicións laborais teñen motivado a convocatoria de folga nacional por parte do Sindicato Ferroviario.

O deputado monfortino no Congreso Francisco Conde e as deputadas autonómicas Katy Varela e Raquel Arias mantiveron un encontro cos afectados no que lles explicaron as iniciativas que teñen impulsado dende o Grupo Municipal e tamén os deputados lucenses no Congreso.

As condicións laborais dos traballadores, din, “non son aceptables, con salarios que non se corresponden coas funcións de máis cualificación que están desenvolvendo”. Por iso, sinalan que “Logirail, Renfe e o Ministerio de Transportes y Movilidad Sotenible teñen que asumir as súas responsabilidades cos traballadores actualizando as categorías dos contratos e eliminando as prácticas actuais de contratación temporais de 3 e 6 meses aos efectos de garantir a súa estabilidade laboral”.

Os concelleiros do Partido Popular consideran que ante as súas preguntas no último Pleno, “o alcalde se lavou as mans dicindo que é responsabilidade de Adif”. Pola súa banda, explican que os deputados lucenses, Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades, veñen de rexistrar formalmente preguntas dirixidas ao Goberno de España para que explique a situación dos traballadores de LogiRail, se está levando a cabo negociacións ou outro tipo de actuacións.

Os populares advirten que “outro dos anuncios de Tomé, como foi o caso da creación do Centro de Ciberseguridade de Renfe en Monforte”. Porén, din, “aasa expectativas non se cumpriron”. Aseguran que dos 100 postos de traballo prometidos, polo momento só hai 10 traballadores.

⚙ Configurar cookies
0.60900187492371