O PP pedirá no pleno de Monforte que se rehabilite a casa da cultura e a biblioteca

RibeiraSacraXa
O PP de Monforte defenderá no pleno a rehabilitación da casa da cultura e da biblioteca ante as reiteradas queixas dos veciños: “É fundamental apostar polo desenvolvemento cultural de Monforte”.
14 Mar 2024

O PP de Monforte defenderá no pleno a rehabilitación da casa da cultura e da biblioteca ante as reiteradas queixas dos veciños: “É fundamental apostar polo desenvolvemento cultural de Monforte”. Así de contundentes se amosan dende o Grupo Municipal do PP de Monforte.

A voceira popular de Monforte, Katy Varela, ve necesario “que se leve a cabo un plan de actuación na casa da cultura onde se rehabilite e mellore a sala de exposicións, o salón de actos e aulas, facendo especial fincapé en actuacións de mellora da biblioteca”.

Dende o Grupo Municipal Popular de Monforte “apostamos polo desenvolvemento cultural da nosa cidade e consideramos que a biblioteca municipal é un recurso vital para o acceso non só a información senón tamén ao aprendizaxe dos nosos veciños”.

Recordan os populares que en outubro de 2021 xa se defendeu unha moción para a mellora e ampliación de espazos para o estudo e que se incluíse nos orzamentos de 2022 unha partida orzamentaria suficiente para efectuar as melloras que fosen necesarias.

"Son numerosas as queixas de usuarios, dende opositores a rapaces de instituto pasando por lectores de prensa ou libros, todos testemuñas do estado de abandono no que se atopa a casa da cultura”.

Entre as actuacións que defenderán os populares están a mellora do salón de actos, a insonorización da sala de lectura, que tamén se debería separar da zona de estudo e tránsito de persoas ou a uns horarios flexibles, sobre todo en épocas de exames.

0.18582892417908