O PP lucense denuncia a “parálise” da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Advirten de que a A-76 é unha infraestrutura clave para acceder á Meseta dende o interior de Galicia, vertebrando as comarcas de Quiroga, Lemos e Valdeorras
senadores-pp-lugo
José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano
11 Jun 2025

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, advirten que “a autovía A-76 que conectaría Ponferrada con Ourense, pasando polas comarcas de Quiroga e Lemos, non avanzou nada nos últimos 7 anos co Goberno de Sánchez”.

“Os distintos tramos desta infraestrutura están exactamente igual que como os deixou o Goberno do Partido Popular”, pero “xa non é que estea como o deixou o Goberno do Partido Popular, senón que o Goberno de Sánchez non ten planificación nin prazos”, segundo consideran que desprende a resposta oficial do Executivo de España ás preguntas dos senadores por Lugo.

A A-76 é unha infraestrutura clave para acceder á Meseta dende o interior de Galicia, vertebrando as comarcas de Quiroga, Lemos e Valdeorras. Pero, “a pesar do seu carácter estratéxico”, consideran que “forma parte da xa extensa lista de incumprimentos en materia viaria do Goberno de coalición que preside Pedro Sánchez”.

Os representantes lucenses do Grupo Popular no Senado denuncian que “non hai ningún proxecto” para os tramos da provincia de Lugo. “O Goberno de Sánchez indica na resposta oficial que os tramos que aínda non teñen os proxectos en fase de redacción”, e que estes “impulsaranse cando conclúan os anteriores, sempre e cando o permitan as dispoñibilidades orzamentarias”.

Segundo os populares, “o Goberno de Sánchez non ten previsto executar esta infraestrutura” e consideran que a situación é unha “discriminación aos veciños e veciñas da provincia de Lugo aos que deixa illados”.

⚙ Configurar cookies
0.16359305381775