O PP insiste na necesidade de que Monforte teña Plan Xeral

RibeiraSacraXa
Katy Varela insiste na necesidade de que Monforte teña Plan Xeral e critica as xustificacións do alcalde, José Tomé.
1 Out 2021

A voceira do Partido Popular de Monforte de Lemos, Katy Varela, insiste na necesidade de que este municipio dispoña dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e rexeita "os argumentos esgrimidos polo alcalde no pleno celebrado o pasado luns a este respecto".

Concretamente, Tomé Roca alegou que Monforte "non pode dispoñer deste documento de ordenación urbanística debido ao plan hidrográfico que considera asolagables certas zonas próximas ao río".

Para a popular esta resposta “non deixa de ser unha escusa” pois a Lei do Solo de Galicia de 2016 contempla todo tipo de situacións ante un plan como o que demanda o PP, incluída a posibilidade de zonas propensas a asolagamentos. “Esta norma permitiría volver a construír en caso de que se produzan fenómenos deste tipo onde xa se construíse con anterioridade”, aclara Katy Varela.

“O máis grave”
“O máis grave”, engade, “é que o Concello execute o proxecto para a Zona C por un millón de euros logo de 20 anos da súa aprobación e sen elaborar o Plan Xeral que tanto precisamos”. A este respecto, matiza: “estamos a favor en dar saída á rúa Rof Codina cara Covas, pero o máis sensato sería, afirma, ter o PXOM e traballar dende o mesmo os distintos proxectos de urbanismo.

0.069555997848511