O PP denuncia o "perigoso estado" da estrada LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

RibeiraSacraXa
O Grupo Provincial Popular pídelle ao goberno provincial reparar a estrada LU-P-5301 nunha zona próxima a unha curva pronunciada e en pendente no casco urbano de San Clodio, en Ribas de Sil, debido ao seu “perigoso estado”.
LU P 5301 San Clodio Ribas de Sil PP
26 Abr 2024

O Grupo Provincial Popular pídelle ao goberno provincial reparar a estrada LU-P-5301 nunha zona próxima a unha curva pronunciada e en pendente no casco urbano de San Clodio, en Ribas de Sil, debido ao seu “perigoso estado”.

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona sur e alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, comprobaron que “xa non hai pavimento e a capa de rodadura desta estrada provincial vaise desfacendo dende fai semanas, e cada vez máis, polo efecto da auga”. Ademais, “ao coincidir cunha pequena pendente descendente, os vehículos tenden a frear arrastrando a grava e o firme de terra que quedou agora descuberto”.

O portavoz cre que “convén actuar canto antes para evitar que a situación empeore e que poida supoñer un perigo para os condutores dos vehículos ou para os peóns que transiten pola zona”; pero non sen antes “revisar as tubaxes de canalización de augas na zona para comprobar que dispoñen de suficiente capacidade e non afectan á estrada provincial”.

Nese sentido, Ameijide “convida ao goberno provincial a atender as peticións dos veciños e levar a cabo unha planificación para a revisión e mellora, nos casos que sexa preciso, das estradas provinciais nos distintos concellos da provincia que permita garantir a seguridade dos seus usuarios”.

0.22909998893738