O PP de Ribas de Sil presenta a súa candidatura para as vindeiras eleccións de maio

RibeiraSacraXa
O PP de Ribas de Sil presenta a súa candidatura para as vindeiras eleccións de maio con José Rodríguez á cabeza
PP Ribas de Sil
22 Apr 2023

Jose Rodríguez presentou a súa candidatura polo Partido Popular para as vindeiras eleccións de maio no Concello de Ribas de Sil, unha candidatura renovada nun 44% “para que quen gañen sexan os veciños de Ribas de Sil”, defenden desde o partido.

No acto público que foi celebrado para presentar a lista, o alcaldable e o seu equipo estiveron arroupados por José Manuel Balseiro e Miguel Corgos. Así, Rodríguez agradeceu a colaboración do Goberno galego para que “os veciños contemos en cuestión de semanas cun novo caixeiro que nos permita retirar diñeiro no noso propio municipio”.

“Defendemos un proxecto de futuro para Ribas de Sil pensando en fomentar o asentamento da xente nova” e para iso apostamos por “atender as necesidades dos veciños e ofrecer máis servizos”, dixo, e defende que "é unha lista pensada para gobernar e que inclúe xente vinculada ao terreo e ás necesidades que temos como pobo.

0.17381000518799