O PP de Ribas de Sil pide a reposición da praza de carteiro no municipio

RibeiraSacraXa
Denuncian que a praza está sen cubrir dende o pasado mes de xuño e piden compromiso do Concello para instar ao Goberno central a poñer fin a esta situación
pp-ribas-de-sil
8 Oct 2025

O Partido Popular de Ribas de Sil vén de presentar unha iniciativa instar ao Goberno central a repoñer “de inmediato” unha praza do servizo de Correos no municipio.

“Ribas de Sil está sen carteiro dende o pasado mes de xuño xerando unha situación de atrasos recorrentes na entrega de cartas e paquetes aos veciños e veciñas”, lembra a voceira popular, Sandra Macía, que considera “inaceptable” a falta de servizo por parte de Correos e do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

“Non podemos deixar que Ribas de Sil siga perdendo servizos”, sinalan os populares, que agardan acadar o apoio de todos os grupos da corporación municipal e o compromiso do Concello para instar ao Goberno central a poñer fin a esta situación.

⚙ Configurar cookies
0.078716993331909