O PP de Monforte votou en contra dos orzamentos do Concello para o 2024

RibeiraSacraXa
O Partido Popular de Monforte de Lemos votou en contra dos orzamentos que propuxo o equipo de Goberno de José Tomé para 2024 porque din que "suporía ser cómplices dunha xestión económica aloucada e a salto de mata, que xa veremos ao final do mandato canto nos custa aos monfortinos, como estarán os servizos sociais e en que estado seguirá o problema do abastecemento e saneamento da auga”.
Katy Varela Monforte
28 Nov 2023

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que as políticas postas en marcha e defendidas polo equipo de goberno non contribúen a mellorar a economía de Monforte, como tampouco axudan a asentar poboación no municipio. "É suficiente con comprobar como se prevé unha diminución na recadación por impostos municipais, pero non precisamente porque o equipo de goberno os baixe, se non porque hai unha realidade innegable: a perda constante de poboación que, precisamente nesta cidade, cabeceira de comarca, é proporcionalmente superior a calquera outra da provincia”.

Ademais, Varela tamén critica “a arbitrariedade” de Tomé para pedir axudas á Xunta de Galicia en función do recurso que se trate. A voceira popular afirma que “non se pode entender baixo ningún concepto a negativa do alcalde monfortino a solicitar as axudas para ampliar a gardería ou crear un PAI, recurso que, por exemplo, teñen nun concello limítrofe como Bóveda argumentando que lle corresponde á Xunta esa competencia”.

0.19796895980835