O PP de Monforte pregunta sobre os 40 traballadores prometidos na plataforma de ciberseguridade de Renfe

RibeiraSacraXa
Recoñecen que os 10 traballadores que hai actualmente son “profesionais altamente cualificados” pero aseguran que “non contan cunhas condicións laborais acordes a súa categoría profesional”
Katy-Varela-Monforte-de-Lemos
11 Jul 2025

O PP de Monforte pide explicacións sobre o anuncio do Concello no que afirmaba que en 2025 en Monforte habería 40 traballadores na plataforma de ciberseguridade de Renfe e lembran que na actualidade continúa habendo unicamente 10.

"O único que hai de certo é que estamos en 2025 e seguimos con 10 traballadores. É certo que son profesionais altamente cualificados, pero tamén é certo que non contan cunhas condicións laborais acordes a súa categoría profesional”, afirmou a voceira do PP de Monforte, Katy Varela.

A realidade, “é que as condicións laborais que teñen estes 10 empregados son precarias, motivo polo que están a realizar protestas para facer pública a súa situación”.

Lembra, ademais, o anuncio do goberno de Monforte sobre a creación de ata 100 postos de traballo nesta plataforma vencellada ao sector ferroviario, pero sinala que tampouco se cumpliu.

Dende o PP de Monforte advirten de que os empregados da plataforma de ciberseguridade de renfe en Monforte, Logirail, atópase realizando protestas polas súas condicións laborais, motivo polo cal o seu partido, a través do deputado no Congreso, Francisco Conde, presentou diversas iniciativas para coñecer máis sobre a situación destes empregados.

⚙ Configurar cookies
0.15698504447937