O PP de Monforte pon en valor o papel do programa Aprol Rural para o fomento do emprego en Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello vén de recibir unha subvención que permitirá a contratación de tres novos traballadores
Katy-Varela-Monforte-de-Lemos
Katy Varela
6 Jun 2025

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte poñen en valor a concesión do Aprol rural ao Concello o que facilitará a contratación de tres traballadores co obxectivo de fomentar o emprego no rural.

Segundo se recolle na resolución, estes traballadores poderán incorporarse de inmediato ao mercado laboral, ademais de realizar traballos “fundamentais” para poñer en valor o medio rural. “Estas persoas desenvolverán traballos de silvicultura, biomasa, limpeza de montes ou outras tarefas de valorización forestal no medio natural no termo no municipal do Concello de Monforte de Lemos”, explicou.

Ademais, Katy Varela pon en valor a colaboración da Xunta co Concello de Monforte de Lemos, e insta ao alcalde a “seguir abrindo vías de colaboración co goberno autonómico” xa que, di, “sempre están dispostos a colaborar para mellorar a calidade de vida dos monfortinos”.

Neste senso, pide que “o Concello solicite á Xunta axuda para a creación de prazas de gardería e así tentar poñer solución a un grave problema que temos en Monforte”.

⚙ Configurar cookies
0.036810874938965