O PP de Monforte pide un plan de mellora para as zonas de ocio públicas

RibeiraSacraXa
Solicitarán, a través dunha moción no vindeiro pleno, que todas se podan usar ao longo de todo o ano
Paseo-do-Malecón-Monforte
Paseo do Malecón, Monforte de Lemos
28 Mar 2025

O Grupo Municipal do PP de Monforte defenderán no pleno da próxima semana que o Concello de Monforte de Lemos prepare un plan de mellora das infraestruturas de ocio da cidade para que o seu uso sexa máis amplo e en mellores condicións.

A voceira popular, Katy Varela, explica que, pese a que son numerosas as zonas de ocio en Monforte, non todas sen pode empregar durante todo o ano xa que non están preparadas para a climatoloxía de cada estación, así como “non se realiza o mantemento adecuado, o que impide en moitos casos o seu uso”.

A falta de mantemento é unha das principais reivindicacións realizadas dende o Grupo Municipal Popular durante os últimos anos, “polo que urxe que dende o goberno de José Tomé se tomen en serio o mantemento para poder ter estas zonas de esparcemento sempre en boas condicións”.

Os populares poñen como exemplo o caso do parque do hospital que “carece de árbores que dean refuxio a situacións climatolóxicas adversas, sobre todo como pode ser o calor de verán ou as choiva en inverno, polo que é necesario instalar unha cuberta”, ou a “mala iluminación” de determinadas zonas recreativas, como o parque da compañía, a ladeira de San Vicente, o Paseo do Malecón ou o do Río ata Piñeira.

⚙ Configurar cookies
0.23502993583679