O PP de Monforte pide que se retomen as obras na estrada entre Distriz e Piñeira
Dende o Grupo Municipal do PP de Monforte esixen ao executivo local unha solución inmediata para os veciños das parroquias de Distriz e Piñeira, ambas, explican, incomunicadas dende hai un mes debido a unhas obras de arranxo da estrada que se iniciaron e non se remataron.
A voceira popular, Katy Varela, denuncia o descontento dos veciños destas parroquias, cuxa estrada está cortada por obras, traballos que levan un mes parados desde que se iniciaron e hai instaladas uns valos cortando a comunicación entre ambas. “O descontento entre os veciños é moi grande xa que o único que falta neste tramo son as arquetas e como consecuencia ambas parroquias atópanse incomunicadas entre si e o acceso tanto do polígono como desde a estrada de Sober vese interrompida polas mesmas”, sinalou.
Katy Varela insiste na necesidade de dar unha solución urxente a estas parroquias para que retomen a normalidade.