O PP de Monforte pide que se faga público o programa de actividades de ocio de cara ao verán

RibeiraSacraXa
Consideran que que “a piques de comezar o verán xa se debería ter planificada e feito pública a axenda de actividades de ocio para os monfortinos”
Katy-Varela-Monforte-de-Lemos
Katy Varela
9 Jun 2025

O PP de Monforte pide ao Concello que faga púbica a programación de ocio de cara ao verán.“É fundamental anunciar todas as actividades de ocio, así como todas as celebracións dos diferentes barrios, como poden ser o San Antonio ou o San Xoán”, afirmou a voceira no Concello, Katy Varela.

Explica que “a piques de comezar o verán xa se debería ter planificada e feito pública a axenda de actividades de ocio para os monfortinos” e piden “que se publique de forma urxente o libro coas actividades de ocio para o verán que nos últimos anos se publicou en agosto, no que se anunciaban actividades das semanas anteriores”.

Neste senso, a voceira popular pide que a web do Concello se empregue para anunciar as diferentes opcións de ocio, así como as redes sociais municipais

Os concelleiros populares esixen “maior información” de todas as actividades e actuacións que se levarán a cabo en verán na cidade “e non esperar as roldas de prensa de Tomé”.

En relación ao anuncio dos grupos que formarán o cartel musical das patronais, os concelleiros populares sinalan que “se os monfortinos desfrutan con eses concertos, nós estaremos contentos, pero si que botamos en falta maior transparencia e participación ao resto de grupos da corporación para poder poñer sobre a mesa opcións de concertos para ter así maior variedade para todos os gustos musicais”.

⚙ Configurar cookies
0.15980315208435