O PP de Monforte pide mellorar a limpeza das rúas en todas as parroquias e barrios do concello

RibeiraSacraXa
Denuncian que “son moitas as queixas” por parte dos veciños das zonas que non forman parte do centro urbano
Katy-Varela-PP-Monforte-video
Katy Varela
27 Dec 2024

Os concelleiros do Grupo Municipal de Monforte defenderán no pleno un rogo para pedir ao goberno local que amose “maior preocupación” pola limpeza das rúas que non forman parte do centro urbano, así como daqueles elementos do mobiliario público destas rúas que, en moitos casos, están sen limpar desde fai moito tempo.

A voceira popular, Katy Varela, sinala que “son moitas as queixas que recibimos de veciños destas zonas” alertando de que “a limpeza brilla pola súa ausencia, motivo polo que amosaron o seu malestar”.

Ademais, dende o Grupo Popular insistirase para que o goberno de José Tomé facilite á maior brevidade a documentación bancaria solicitada que aínda non se puxo a disposición dos concelleiros populares. Documentación que piden se complemente con copia e acceso aos extractos bancarios de contas correntes, préstamos e pólizas de crédito, desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024.

0.15726017951965