O PP de Monforte pide "máis flexibilidade" na limitación horaria das zonas de carga e descarga

RibeiraSacraXa
Os concelleiros do PP de Monforte presentarán alegacións ao borrador presentado polo equipo de Goberno para modificar a ordenanza de tráfico no referente á carga e descarga en zonas peonís.
Katy Varela Monforte
17 Xan 2024

Os concelleiros do PP de Monforte presentarán alegacións ao borrador presentado polo equipo de Goberno para modificar a ordenanza de tráfico no referente á carga e descarga en zonas peonís.

A voceira popular de Monforte, Katy Varela, lembra que no pleno de decembro, tras un primeiro trámite de audiencia pública, o Goberno local presentou a súa proposta de modificación da normativa.

“É certo que houbo certos avances pero tamén o é que é necesario dar maior flexibilidade aos horarios”, sinala e engade que "a limitación horaria fai que os particulares e os profesionais quéixense das dificultades de cinguirse a ese horario”.

Os populares, ademais, pedirán que se engada unha cláusula “para garantir a retroactividade da norma ata a data na que entraron en funcionamento as cámaras, de modo que decaia a validez das multas impostas polas cámaras e procédase á devolución do diñeiro”.

“A realidade é que o PSOE de Monforte tamén pode aplicar unha amnistía total para todas as multas interpostas nestas zonas desde que empezaron a funcionar as cámaras poñendo o contador a cero nesta vixilancia exhaustiva ata o intre no que se aprobe a ordenanza de forma definitiva, empregando este tempo como un período informativo da nova regulación para os usuarios”, conclúen.

0.21007418632507