O PP de Monforte pide ao Concello que aposte por programar actividades infantís no Halloween

RibeiraSacraXa
Os populares piden ao Concello unha maior aposta por eventos familiares en datas sinaladas, como é o caso do Halloween
Katy-Varela-Monforte-de-Lemos
31 Oct 2025

O Partido Popular de Monforte lamenta a ausencia de propostas dirixidas aos nenos e nenas con motivo do Halloween, unha data que, segundo explican, “convertiuse nunha cita moi especial para as familias”.

A voceira popular, Katy Varela, sinala que “mentres outros concellos da contorna programaron diferentes actividades para nenos de todas as idades, como contacontos, obradoiros ou desfiles de disfraces, Monforte non conta con estas alternativas para os máis pequenos”. Nese sentido, considera que “o Concello debería apostar por organizar eventos familiares, especialmente en datas tan sinaladas, que tamén contribúen a fomentar o comercio local e a participación veciñal”.

“Non se trata dun gran investimento, senón de ter un pouco de interese e planificación”, engade a voceira, quen insiste en que “estas datas son perfectas para encher as rúas de ledicia e ilusión”.

Desde o Grupo Municipal Popular reclaman ao goberno local que deseñe programacións infantís e familiares ao longo do ano, “con especial atención ás festividades tradicionais e ás datas con maior implicación cidadá”.

⚙ Configurar cookies
0.068930149078369