O PP de Monforte pedirá que se renove o firme do aparcadoiro do cemiterio municipal
O PP de Monforte defenderá no pleno que se realice de inmediato a renovación do firme do aparcadoiro do cemiterio antes as constantes inundacións que se producen.
Katy Varela explica que, pese a que se pediu anteriormente, o Goberno local non fixo nada polo que estes días, coa intensidade das chuvias volveu a asolagarse dificultando e impedindo o acceso ao camposanto.
"Como cada vez que chove con certa intensidade, a entrada do cemiterio de Monforte asolágase, dificultando e, nalgúns casos, impedindo a entrada, ao mesmo aos veciños de Monforte", explica a voceira popular, Katy Varela.
“Estes días pasados que tanto choveu en Monforte volveuse evidenciar o mal estado do firme do aparcamento do cemiterio municipal”, ao que engade que xa se denunciou noutras ocasións e se defendeu en pleno no anterior mandato a necesidade de renovar o cemiterio municipal e os seus accesos. “Proba de que practicamente non fixeron nada é que estes días que choveu, asolagouse por completo a entrada”, sinalou.
Por este motivo, este mes defenderase de novo no pleno que, coa chegada do bo tempo, realícese unha renovación do firme do cemiterio para evitar este tipo de inconvenientes a calquera monfortino que o único que quere é visitar aos seus seres queridos.