O PP de Monforte levará ao pleno unha moción que busca ampliar as conexións ferroviarias no municipio

RibeiraSacraXa
Os populares pedirán o apoio dos grupos para instar ao Ministerio de Transportes a mellorar as frecuencias ferroviarias co municipio
Estacion-tren-Monforte
Estación de tren de Monforte
15 Jul 2025

O PP de Monforte pedirán a unanimidade do pleno para reclamar “uns servizos ferroviarios xustos” para todos os monfortinos unha vez rematen as obras da estación. Explican que “non se trata de cores políticas, senón de servizos xustos para todos os monfortinos” polo que “agardamos a unanimidade do pleno para instar ao Ministerio de Transportes a que se restablezan os servicios ferroviarios suprimidos antes da pandemia da Covid”.

Así, poñen como exemplo a recuperación do tren nocturno a Barcelona ou que se melloren e amplíen as conexións ferroviarias da cidade coa saída do AVE desde Ourense.

Ademais, destacan “a necesidade de que rematar canto antes” as obras da estación de tren de Monforte, polo que tamén pedirán ao pleno unidade para instar ao Ministerio a finalizar a execución dos traballos.

A voceira, Katy Varela, critica que a pregoeira das pasadas Festas de Monforte, Isabel Pardo de Vera, actualmente investigada por presuntas adxudicacións ilegais, presumira “dos investimentos na provincia en materia de ferrocarril”. Porén, di, para ela “a realidade é que non só reduciron notablemente os investimentos prometidos por Mariano Rajoy, deixando a nosa provincia sen alta velocidade, senón que moitas das frecuencias anteriores á Covid non foron restablecidas e as conexións co AVE a Ourense son insuficientes, deixando a Monforte fóra do mapa galego do turismo”.
Un exemplo de esa “deficiente conexión” co AVE a Madrid desde a Ourense, sinala, é que o primeiro tren que conecta Monforte coa capital de España chega a destino ás dúas da tarde, “dificultando polo tanto a posibilidade de facer xestións de mañá sen botar a noite na cidade”.

⚙ Configurar cookies
0.169753074646