O PP de Monforte levará ao pleno unha moción para desbotar o proxecto de construción dunha fonte no Parque dos Condes

RibeiraSacraXa
Propoñen, no seu lugar, a instalación dunha cuberta para que o espazo se poida empregar durante todo o ano.
futura-fonte-parque-dos-condes-monforte
20 Nov 2025

O PP de Monforte defenderán no vindeiro pleno que ten previsto celebrarse este vindeiro luns, 24 d novembro, unha iniciativa para solicitar ao goberno local que, no caso de ser posible, dea marcha atrás co plan de instalar unha fonte ornamental no parque dos Condes.

Sinalan que dita instalación suporá a eliminación de parte da zona verde e de vexetación, e propoñen que se opte por realizar outro tipo de actuacións que consideran “máis beneficiosas para a veciñanza”, como instalar unha cuberta para que o entorno se poida empregar durante todo o ano. Para os populares, habilitar este espazo cuberto posibilitaría que se empregase esta zona verde a resgardo da chuvia durante o inverno e do sol durante o verán, xa que se trata dun espazo moi empregado polos monfortinos para o tempo de lecer.

O proxecto que presentou hai unhas semanas o Concello prevé a construción dunha fonte de 25 metros de diámetro, cun investimento duns 677.000 euros. Porén, os populares consideran que vai afectar de forma negativa á veciñanza “ao eliminarse parte do espazo que empregan para o seu tempo de ocio, polo que o máis idóneo semella habilitar unha zona cuberta”.

Ademais, considera que o investimento debería ser destinado “a mellorar a rede de abastecemento e saneamento ou a levar estes servizos a aquelas zonas do municipio e ás parroquias que carecen del”. Por este motivo, os concelleiros populares instarán ao pleno a que, no caso de que sexa posible, se desbote a construción da fonte e, no seu lugar, se opte por outro tipo de actuación “máis idónea” para toda a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.076338052749634