O PP de Monforte insta a Tomé a negociar cos sindicatos a nova Relación de Postos de Traballo do concello

RibeiraSacraXa
O PP do concello de Monforte insta a Tomé a negociar cos sindicatos a nova Relación de Postos de Traballo do concello
Katy Varela Monforte
11 Out 2022

Tal e como veñen de afirmar varios membros do Partido Popular do concello de Monforte, esperan que o socialista José Tomé negocie cos sindicatos a nova Relación de Postos de Traballo do municipio.

Afirman que “O alcalde monfortino, de novo dá mostras da súa falta de predisposición ao diálogo e a participación dos distintos sectores nos asuntos que os afectan directamente”. A portavoz popular, Katy Varela expresa a preocupación do seu grupo “pola falta de negociación de Tomé cos representantes sindicais dos funcionarios municipais na elaboración da Relación de Postos de traballo”. Polo que os populares, instan a Tomé a abrir un proceso de negociación serio.

Varela di que a información que lles foi facilitada polo goberno local é insuficiente “pois falta a relación da situación de partida dos postos de traballo”; así, engade, “é imposible saber como afecta os empregados do Concello esta RPT, porque todas deben contemplar a situación de partida”. Por elo,  solicitaron por escrito esta información.

A portavoz popular indica: “Non somos moi optimistas en canto a que se nos facilite esta información; o mesmo día que a pedimos, procedemos a reiterar a solicitude doutra información que presentamos en maio pasado e que aínda non foi entregada: As facturas da feira medieval, información acerca da execución do contrato na obra na zona C ou o plan orzamentario do concello que non se facilitou no seu momento”.

Os populares din que “Tome actúa de forma absolutamente opaca e sen negociación cos colectivos da cidade”. Varela engade: “A maioría absoluta permite gobernar sen negociación, pero a ética política debería imperar e máis nunha cidade pequena como Monforte, onde un alcalde debe escoitar a todos e gobernar para todos e non para si mesmo”.

0.19619488716125