O PP de Monforte insiste na necesidade de renovar a rede de abastecemento

RibeiraSacraXa
Lembran que a incidencia acontecida en Noiteboa deixou sen auga a unha gran parte da poboación durante hora e reclaman “actuacións inmediatas”
Rotura abastecemento Monforte zona Cardenal
15 Jan 2026

Os concelleiros do Grupo Municipal de Monforte defenderán no vindeiro pleno unha iniciativa para instar ao equipo de goberno a executar actuacións “concretas e urxentes” destinadas á substitución das tubaxes de fibrocemento da rede de abastecemento de auga do Concello.

Segundo a voceira popular, Katy Varela, os problemas no subministro son “reiterados” e lembra que fai un ano que dende o Gobeno local se anunciou un investimento de 10 millóns de euros para renovar por completo a rede de abastecemento.

Varela fai fincapé no acontecido en Noiteboa, cando unha gran parte da poboación quedou sen subministro de auga durante horas, afectando, de maneira especialmente grave ao centro da cidade, onde numerosos fogares e negocios permaneceron sen este servizo esencial durante toda a xornada.

Por iso, sinalan dende o PP, presentarán no pleno unha iniciativa para que se comprometan “investimentos reais”, así como para que se executen obras concretas antes de que remate o mandato, co obxectivo, explican, de renovar as tubaxes da rede de abastecemento e garantir un servizo básico esencial para a cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.06543493270874