O PP de Monforte esixe explicacións ao alcalde por ter inoperativo o campo de fútbol de A Pinguela

RibeiraSacraXa
O Partido Popular de Monforte esixe explicacións a Tomé por ter inoperativo o campo de fútbol de A Pinguela
Campo fútbol Monforte
29 Ago 2022

Os concelleiros populares aseguran que, segundo as súas informacións, a intervención do concello para reparar as deficiencias do campo remata por agravar o problema.

De acordo ás palabras da portavoz Popular Katy Varela, “O alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, ten demostrada unha inaudita capacidade para facer xustamente o contrario do que predica. Ao rexedor monfortino, sempre máis preocupado da Deputación que do Concello, éncheselle a boca falando da promoción do deporte, pero, á hora da verdade, as instalacións deportivas monfortinas reflicten perfectamente o desinterese real de Tomé e do seu goberno por estas infraestruturas. E así ocorre que o campo de fútbol de A Pinguela está inoperante e o Lemos non poderá xogar durante un tempo neste recinto”, engade Varela.

O Partido Popular anuncia a presentación dunha iniciativa plenaria para que o goberno explique a qué se debe a actual situación e que planes ten para resolver o problema.

Os populares monfortinos, teñen coñecemento de que a finais do mes de xullo déronse unha serie de deficiencias no estado do campo de fútbol de A Pinguela e as actuacións posteriores do Concello empeoraron a situación. A portavoz popular explica que, a día de hoxe, “o campo de fútbol está inoperante, polo que o equipo de fútbol da cidade, o Lemos, non poderá de momento xogar os partidos neste recinto, o que lle ocasiona un grave prexuízo económico; esta situación pode chegar a ocasionar un trastorno no resto de competicións que incumben aos equipo de fútbol da cidade”.

Varela anuncia a presentación dunha iniciativa no pleno, “para coñecer con exactitude que ocorreu no campo de fútbol e cal será a solución”. Os populares sinalan que “as continúas ausencias do alcalde da cidade dan lugar a pouco control na execución das distintas obras, polo que acaban por converterse en chapuzas”.

O PP, por outro lado, di que, “despois do pomposo anuncio do alcalde do arranxo dos outros dous campos de fútbol (Luís Bodegas e Escolapios), cuxo contrato estaría adxudicado a principios de agosto, comprobamos na plataforma de contratación que, segundo o estado do contrato, este aínda non foi adxudicado, polo que se continúa así cara a finais de mes deberemos preguntar tamén polo estado deste asunto”.

0.17487096786499