O PP de Monforte demanda solucións aos problemas na rede de abastecemento

RibeiraSacraXa
Denuncian que en menos dunha semana rexistráronse tres roturas importantes
Rotura abastecemento Monforte zona Cardenal
Rotura abastecemento Monforte zona Cardenal
15 May 2025

O PP de Monforte denuncia a “lamentable” situación das infraestruturas de abastecemento da cidade do Cabe e a falta de resposta do Concello que, segundoos populares, “só se dedica a vender titulares para ir capeando o temporal e facer que fai”.

Despois das tres roturas importantes en menos dunha semana, a portavoz popular, Katy Varela, asegura que “estamos cansos de anuncios e da falta de actuacións” ante a situación que considera “intolerable” e que provoca “un malestar importante aos veciños e veciñas”.

Concretamente, explica que este mesmo martes “recibimos queixas dos veciños da Compañía e do Reboredo por unha nova rotura á altura do inicio da rúa Escultor Francisco Moure na Compañía”.

Para Varela lembra “non hai grandes avances sobre a mellora do abastecemento máis que unha tubaxe grande pactada con Aqualia. O alcalde anuncia que se vai arranxar e que ten convenios millonarios firmados, pero logo non hai actuacións”.

Os populares aseguran que “seguiremos insistindo na necesidade de arranxar este problema” e piden “maior acción e menos propaganda”.

⚙ Configurar cookies
0.16942882537842