O PP de Monforte critica que o Goberno local cobrara as cotas da piscina e do ximnasio municipal

RibeiraSacraXa
Varela explica que “o malestar entre os usuarios é enorme, xa que ven como se lles está a cobrar por un servizo que non poden desfrutar"
Katy-Varela-Monforte-de-Lemos
15 Out 2024

A portavoz popular en Monforte, Katy Varela, critica que o Goberno de José Tomé dera luz verde para que o Concello de Monforte pasase a cobro as cotas, trimestrais e anuais aos usuarios da piscina e do ximnasio municipais, "a pesar de que non se poden empregar estas instalacións, xa que se vai a proceder a súa renovación".

Varela explica que “o malestar entre os usuarios é enorme, xa que ven como se lles está a cobrar por un servizo que non poden desfrutar, como tampouco saben se lles van a devolver a parte proporcional que non poidan usar. A realidade é que dende o Concello nada lles din”, criticou.

Ante esta situación, Katy Varela advirte que, se non se dá unha solución inmediata aos usuarios afectados, “presentaremos no próximo pleno unha iniciativa para que que expliquen que vai a facer o goberno local. José Tomé terá que informar publicamente sobre como van a proceder. Xa hai tempo que o proxecto da piscina está preparado, polo que dende o Concello xa tiñan que ter un plan alternativo”, sentenciou.

0.1940438747406