O PP de Monforte critica o reaxuste das anualidades do convenio para a nova vía de conexión da N-120

O PP de Monforte critica con dureza o convenio subscrito entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Deputación de Lugo e o Concello de Monforte de Lemos para a execución da nova vía de conexión entre a N-120A e a N-120, así como para a mellora da seguridade viaria na contorna.
Consideran o reaxuste pactado, que será debatido no vindeiro pleno, fará que se perdan os 750.000 euros que estaban previstos, pasando a 0 euros e obrigando ao Concello a reformular as anualidades do proxecto.
Dende o PP amosan as súas dúbidas de que este proxecto, comprometido fai varios anos, chegue a ser unha realidade durante o presente mandato dada a delicada situación na que se atopa actualmente o Concello, así como á falta de aprobación dos orzamentos do Goberno central. Unha situación que din, “volve poñer en risco investimentos fundamentais para Monforte”.