O PP de Monforte critica as obras levadas a cabo na rúa Cardenal

RibeiraSacraXa
Sinalan que os traballos están a xerar “descontento” entre os comerciantes da zona
Katy-Varela-Monforte-de-Lemos
19 Mar 2025

O PP de Monforte amosa o seu descontento tras os traballos iniciados na rúa Cardenal, un tramo que foi obxecto dunha rehabilitación integral no ano 2020, cando se renovou a maior parte da pedra da rúa

Os populares explican que xa nese momento “se lle reclamou ao alcalde que renovase tamén todos os servizos e deixase preparadas canalizacións que se puidesen necesitar a futuro para evitar obras posteriores e ter que molestar de novo aos veciños”. Porén, insisten en que o Concello “fixo caso omiso e hai un mes que comezou unha nova obra nesta rúa”.

Para a popular, Katy Varela, os traballos levados a cabo actualmente derivan “dunha mala planificación das obras” e están a causar o descontento dos veciños e comerciantes da zona que, denuncian, están a “sufrir de novo” todos os inconvenientes derivas das obras, amosándose especialmente molestos os propietarios de negocios “xa que lles está a afectar negativamente no seu traballo diario”

Os traballos realizados en 2020 tiveron como obxectivo mellorar a potencia eléctrica que se dá a varios edificios desta rúa, obras xa rematadas, pero veciños e comerciantes seguen a sufrir os problemas porque a rúa non se puxo de novo en servizo. Porén, cando comezaron os traballos romperon a pedra da rúa, polo que non se puido volver a utilizar e, agora, dende o goberno local explican que non teñen provisión suficiente para reabrir a rúa, de aí o atraso, segundo explican dende o PP de Monforte.

Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular preguntarán ao goberno local polos motivos de comezar a obra sen ter garantías suficientes de que podían rematar os traballos nos prazos previstos, algo que non sucede xa que “carecen do material necesario para rematar a obra e poder poñer a rúa de novo en servizo”.

⚙ Configurar cookies
0.93531608581543