O PP de Monforte crita ao alcalde por negarse a pedir axudas á Xunta

RibeiraSacraXa
Lamentou a concelleira popular que "finalmente non se fagan" as obras de renovación do saneamento na Compañía
casa-concello-monforte
Casa concello de Monforte
2 Xuño 2024

Dende o PP de Monforte denuncian "a falta de capacidade de Tomé para xestionar o Concello de Monforte e que unicamente está preocupado polos titulares e as fotos”.

Así o expresa a voceira popular, Katy Varela, tras ver como no pleno do pasado luns o alcalde "foi incapaz de responder a unha pregunta clara e concisa: Solicitou o Concello de Monforte as axudas da Xunta de Galicia para a mellora das infraestruturas dos parques empresariais e para o reforzo e extensión da rede eléctrica dos parques empresariais?”

Segundo indica, a resposta de Tomé unicamente foron reproches cara a Xunta, cando na realidade “é o goberno autonómico o que ofrece estes fondos para poder realizar esas melloras nas zonas industriais”. “Un novo exemplo de que Tomé négase a solicitar os fondos que pon a disposición o goberno galego unicamente por capricho político”, denunciou.

RENOVACIÓN DO SANEAMENTO NA COMPAÑÍA

Katy Varela tamén critica a “falta de alternativas” do alcalde para realizar actuacións necesarias “cando algo non sae como tiña previsto” en alusión á obra de renovación do saneamento na Compañía que, finalmente, non se realizará.

Katy Varela lamenta que, tras anunciar a obra, non se vaia a realizar “a pesar de que é moi necesaria”.

Preguntado o alcalde no pleno sobre este eido unicamente dixo que “realizarase a renovación en Morín” algo que dixo “axudará”. “A realidade é que anunciou a obra na Compañía e non se vai a facer”, sentenciou.

Para os populares, Tomé “segue impedindo” o crecemento que Monforte necesita xa que so se preocupa “de buscar titulares que lle dean protagonismo” a pesar de que logo, como sucede na Compañía, “non se cumpra o anunciado”.

0.089424848556519