O PP de Monforte amosa o seu rexeitamente ao anuncio do Concello de construír unha fonte no Parque dos Condes

RibeiraSacraXa
Segundo a voceira popular, o proxecto “non é prioritario” para a cidade
futura-fonte-parque-dos-condes-monforte
Futura fonte do Parque dos Condes
30 Oct 2025

O PP de Monforte critica o anuncio do Concello de levantar unha gran fonte dentro do proxecto de reforma do Parque dos Condes xa que, segundo os populares, “non é prioritario” investir 677.000 eurs na creación dunha fonte ornamenta neste lugar, cando, segundo as palabras da voceira popular, Katy Varela, “non responde ás verdadeiras necesidades dos veciños de Monforte”.

Segundo Varela, este investimento suporá a eliminación dunha parte da zona verde que di, é moi empregada polas persoas maiores que acoden a diario ao parque “para pasear, desfrutar do seu tempo de lecer e mesmo conversar”, e considera que “o Concello debería de apostar por unha actuación máis útil e respectuosa coa contorna, como a instalación dunha cuberta ornamental, que permita aos usuarios do parque seguir desfrutando do mesmo tamén no inverno, ao abeiro das inclemencias meteorolóxicas”.

Para Varela, “un investimento tan importante” debería destinarse a mellorar servizos esenciais “e non a obras para o lucimento persoal do alcalde”, e sinala que “o municipio ten necesidades moito máis urxentes sen solucionar”, como a mellora das instalacións do centro de día, o aumento das prazas na gardería municipal ou a dotación de máis medios para o SAF, que na actualidade conta cunha ampla lista de agarda.

⚙ Configurar cookies
0.073413133621216