O PP de Monforte alerta de cortes de abastecemento en distintos punto da vila pese á renovación das tubaxes

Dende o Grupo Municipal do PP de Monforte denuncian que “seguen a producirse cortes no subministro de auga” no municipio “a pesar dos numerosos anuncios de Tomé cos que aseguraba se solucionarían os problemas”.
A voceira popular, Katy Varela, explica que hai uns días que se realizaron as probas necesarias para comprobar a correcta substitución da tubaxe xeral de fundición pola antiga de cemento anterior, paso previo a dar por finalizadas as obras desta substitución.
“Pese a esta renovación, que é importante, seguimos a ter coñecemento de que os veciños da zona Morín e A Estación seguen sufrindo cortes de auga que nada teñen que ver coas obras”, sinalou, ao que engadiu que “onte mesmo houbo cortes de auga e tras chamar á empresa, confirmábase que se trataba dunha nova rotura na rede”. “Os problemas das roturas seguen existindo”, sinalou a voceira, que cualifica de “maquillaxe” os traballos realizados.