O PP de Monforte aclarar “se os regantes teñen que costear o arranxo da estrada da marxe dereita da canle”

RibeiraSacraXa
Os populares amosan súa “preocupación” e preguntan se os gastos do arranxo que se realizará na marxe dereita repercutirán aos veciños de Monforte
Katy-Varela-Monforte-de-Lemos
4 May 2025

Os concelleiros do PP de Monforte denuncian que o Concello asegurara que o arranxo da marxe esquerda da canle non só lle compete á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, senón tamén “aos regantes aos que, segundo o alcalde, se lles debe repercutir o gasto”.

Os populares formularon no último Pleno preguntas ao rexedor monfortino sobre a previsión do goberno local para a marxe esquerda da estrada de servizo da canle de regadío, a rúa da Chorima “que se atopa en bastante mal estado e onde habitan bastantes residentes comunicando ademais zonas importantes de Monforte”, toda vez que para o arranxo da marxe dereita o Concello asinaba un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pasando a ser a vía de titularidade municipal.

Os populares amosan súa “preocupación” ante o que, din, supón esta resposta. Pregúntanse “se os regantes da marxe dereita teñen unha categoría distinta e poden disfrutar dun arranxo que se lles nega ao da marxe esquerda. Ou se o que insinuaba o alcalde era que os gastos do arranxo que se realizará na marxe dereita se repercutirá aos regantes, é dicir, aos veciños de Monforte”, din dende o PP.

Por iso, piden ao Concello que sexa “más rigoroso e claro cos seus anuncios e non facer diferenzas entre os veciños e veciñas de Monforte”.

⚙ Configurar cookies
0.16634511947632