O PP de Lugo pide a reparación completa da estrada LU-P-5901

O PP de Lugo denuncia danos na estrada provincial LU-P-5901 causados, segundo os populares, polas obras que Adif realizou na estación de Canaval e nas vías do ferrocarril ao seu paso polo municipio de Sober e polo núcleo Ferreira de Panton, e como consecuencia do elevado e constante tránsito de vehículos pesados nestaa vía.
Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández considera que é responsabilidade da Deputación “esixir que se reparen completamente os danos producidos como consecuencia dos traballos realizados”. “Somos conscientes de que toda obra ten os seus inconvenientes e que poden producir molestias ou incluso danos”, recoñeceron os populares, que instarán áa institución provincial a pedir responsabilidades a Adif.
Antonio Ameijide sinala que “o malestar” entre os veciños de Sober “é notorio” porque esta estrada á conexión que teñen coa N-120, e denuncia que “nós mesmos comprobamos como os vehículos teñen que reducir considerablemente a velocidade para poder minimizar os efectos das enormes fochancas que invaden a estrada, incluso os vehículos pesados teñen que modificar a traxectoria para evitar danos”.
As fochancas neste treito, din os populares, permiten ver o firme vello da estrada, incluso a pintura vella. Para Ameijide, “isto implica que as fochancas teñen varios centímetros de profundidade o que engadido á gran lonxitude que teñen sexan moi perigosos para a circulación”. Ademais, lembran que “se reparou unha parte da estrada, dun quilómetro aproximadamente, deixando a parte restante, de algo máis dun quilómetro, sen actuación algunha”, polo que esixen que a reparación sexa completa.