O PP da Pobra do Brollón pide ao Concello unha “maior e mellor planificación” das obras no municipio

O voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López, pide ao Concello que “cando se vaian a realizar obras ou reparacións nas estradas de titularidade municipal se advirta coa suficiente antelación para causar as mínimas molestias aos veciños”.
Teddy López realiza esta petición despois de ver como esta semana foron moitos os veciños que sufriron numerosas molestias ao comprobar como na estrada que dá acceso ao núcleo de Salcedo estaba cortada por obras “sen ningún tipo de alternativa á circulación”, unha circunstancia que “ocasionou numerosos inconvenientes aos veciños”, como ter que buscar rutas alternativas para chegar as súas casas, moitas delas tamén cortadas, ou a imposibilidade de recibir mercancías que tiñan previsto recibir ao non haber sinalados outros accesos.
Tras estes problemas, o voceiro popular agarda que dende o Concello da Pobra de Brollón “se planifiquen mellor as obras de agora en diante” así como que se comuniquen con antelación. “Todos entendemos que as obras provocan molestias, pero estas poden minimizarse advertindo dos traballos con antelación e indicando as rutas alternativas para a mobilidade”, finalizou.