O PP da Pobra de Trives pide a paralización temporal das obras da rúa San Martín

RibeiraSacraXa
Advirten de “deficiencias na instalación do empedrado” e piden que se revise o proxecto
obras-rua-san-martin-a-pobra-de-trives
Obras na rúa San Martín, A Pobra de Trives
22 Jan 2025

O PP da Pobra de Trives amosa a súa preocupación antes a situación que están a provocar as obras na rúa San Martín e advirten das “deficiencias na instalación do a empedrado e os graves trastornos para as persoas con dificultades motoras ou mobilidade reducida que podan transitar por ela”. Explican que, nas últimas semanas “son numerosas as queixas recibidas dos veciños e veciñas”.

Por iso, piden ao Concello que paralice de forma temporal os traballos e que se revise de forma exhaustiva o proxecto antes da súa finalización, co obxectivo de “levar a cabo as modificacións que eviten no futuro problemáticas” e que, aseguran, “virán asociados a gastos para a súa subsanación, provocando novamente molestias a veciñanza e comerciantes”.

0.17435193061829