O podólogo Benjamín Arames deu unha charla sobre o coidado dos pés en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O podólogo Benjamín Arames deu unha charla sobre o coidado dos pés en Ribas de Sil que traballa no servizo Coidados porta a porta
Ribas de Sil podoloxía
Ribas de Sil podoloxía
26 Feb 2023

O Concello de Ribas de Sil acolleu unha charla sobre o coidado dos pés a cargo do podólogo Benjamín Arames, cunha boa participación.

Benjamín pertence a un dos oito equipos de profesionais que percorren os concellos de Galicia co programa da Xunta 'Coidados porta a porta', que achega aos veciños de máis de 55 anos e dos concellos máis pequenos servizos de memoria, audimetría e podoloxía.

O servizo 'Coidados porta a porta' estará en Ribas de Sil tamén o vindeiro luns e martes.

0.10497117042542