O Pleno de Monforte aprobou o expediente de contratación para levar a cabo a reforma da piscina municipal
En sesión extraordinaria e urxente da Corporación Municipal de Monforte, o Pleno aprobou por 10 votos a favor do Partido Socialista e 6 abstencións do resto de grupos o expediente de contratación da redacción do proxecto, dirección, execución e reforma da piscina municipal da Pinguela.
As obras van supoñer un cambio absoluto das instalacións: a entrada, a cafetería, o ximnasio, os vestiarios ou os propios accesos interiores á piscina. Todo elo cunha nova imaxe externa e interna, facendo das novas instalacións unha dotación realmente bonita.
“Logo da reforma”, salientou José Tomé, “os monfortinos e monfortinas contarán cunha piscina moderna, segura, eficiente, sostible e en estado óptimo de utilización”.
A renovación total da Piscina municipal contará cun investimento millonario de 2.047.009,42 euros, e contará coa colaboración do Consello Superior de Deportes, que xa concedeu unha subvención ao Concello para este fin de 644.882,94 euros, o que representa o 31,5% do investimento; mentres que a Deputación Provincial de Lugo aportará, a través dun convenio co Concello, 600.000 euros, o que supón o 29,3%; e o Concello, que aportará 802.126,48 euros, o que representa o 39,2%.
Tras a sesión plenaria, a licitación xa está subida á Plataforma de Contratación do Sector Público, polo que o prazo para presentar ofertas, estará aberto ata o luns 8 de xullo ás 14.00 horas. As mesas para a apertura dos sobres coa documentación administrativa será o mércores 10 de xullo e o sobre coa oferta económica será aberto o mércores 17.
“Coa reforma da piscina queremos crear unha nova imaxe atractiva e moderna para a Piscina municipal, e en consonancia co Pavillón polideportivo anexo, creando sinerxias entre eles para acadar un conxunto de referencia na provincia” concluíu José Tomé. As obras van supoñer un cambio absoluto das instalacións, cambiando practicamente todo: a entrada, a cafetería, o ximnasio, os vestiarios ou os propios accesos interiores á piscina. Todo elo cunha nova imaxe externa e interna, facendo das novas instalacións unha dotación realmente bonita. Este anteproxecto de reforma integral da Piscina municipal de A Pinguela, “é unha actuación moi necesaria na que levamos a traballar dende fai moito tempo, e que vai a dar servicio tanto ó club de natación do municipio, coma ós 1.883 usuarios habituais (1396 abonados e 487 participantes en cursos de natación) cos que actualmente conta esta piscina, que é o número máis alto de abonados que tivo a piscina ata agora”.
“Logo da reforma”, salientou José Tomé, “os monfortinos e monfortinas contarán cunha piscina moderna, segura, eficiente, sostible e en estado óptimo de utilización”.
José Tomé destacou que “ó igual que no caso do novo pavillón polideportivo, estou seguro de que o resultado tras esta reforma da Piscina municipal, será o de obter unhas instalacións de imaxe atractiva e contemporánea pero tamén cómodas, con todos os servizos á disposición dosveciños, veciñas e deportistas que seguro a converterán, xunto co pavillón, nun conxunto de referencia na provincia de Lugo e en Galicia”.
Por outra banda, o Pleno tamén aprobou por 14 votos a favor do Partido Socialista (10) e do Partido Popular (4) o nomeamento de D. Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo como Fillo Adoptivo de Monforte de Lemos.
O BNG e Esperta Monforte votaron en contra da proposta.
O nomeamento do que é XXIII Conde de Lemos e XIX Duque de Alba levarase a cabo o vindeiro sábado 29 de xuño, nun Pleno Extraordinario da Corporación en Sesión Solemne no que lle serán entregados os Atributos do Nomeamento de Fillo Adoptivo de Monforte de Lemos. Será un pleno aberto ó que poderá asistir quen desexe ata completar o aforo do salón plenario.