O Pleno da Deputación aproba as bases do Plan Único do 2023

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Goberno da Deputación de Lugo sacou adiante no Pleno ordinario deste mes as bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos para o vindeiro ano 2023, ao que destina 21,5M€ para desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil.
bases plan unico listaxe concellos
28 Dec 2022

O Goberno da Deputación de Lugo sacou adiante no Pleno ordinario deste mes as bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos para o vindeiro ano 2023, ao que destina 21,5M€ para desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil. Os grupos do PSdeG e o BNG votaron a favor da iniciativa, mentres que o PP se abstivo.

O Presidente, José Tomé Roca, subliñou a importancia de aprobar, por terceiro ano consecutivo, as bases do Plan Único no ano anterior ao seu período de vixencia porque, desta forma, as entidades locais “poden empezar a planificar e tramitar as accións unha vez se publiquen, nos vindeiros días, no Boletín Oficial da Provincia”. Isto permite aos concellos planificar con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poidan poden aproveitar mellor os fondos.

O mandatario provincial destacou que a aprobación deste Plan nestas datas é posible grazas a que o Goberno sacou adiante en tempo e forma o Orzamento da Deputación para o vindeiro ano, de maneira que entrará en vigor a principios de xaneiro.

Pola súa banda, a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, incidiu durante a sesión plenaria en que co Plan Único a institución garante “un reparto xusto dos fondos públicos con criterios obxectivos, iguais para todos”, e “respecta plenamente a autonomía municipal”.

A Deputada lembrou as continuas melloras introducidas no Plan Único este mandato para que sexa máis útil para os concellos, como a aprobación das bases no ano anterior o seu período de vixencia, a posibilidade de imputar gastos de obras e contratos de persoal dende principios de ano ou a simplificación dos trámites administrativos, especialmente beneficiosa para as entidades locais máis pequenas, que teñen menos recursos técnicos e de persoal.

Como exemplo do “impacto social e económico” desta ferramenta, a voceira socialista aludiu a que a Deputación inxectou dende o ano 2019 un total de 85,3M€ nos concellos, gracias ós que puideron acometer en torno a 1.500 obras e subministacións, e cos que crearon máis de 1.200 postos de traballo.

Desta forma, destacou, o Plan Único, xunto coas outras medidas de cooperación cos concellos que ofrece a institución, “converteron á Deputación nunha administración esencial para o funcionamento dos concellos”.

A voceira lamentou unha vez máis que as administracións gobernadas polo Partido Popular, como a Xunta de Galicia ou a Deputación de Ourense, sigan sen contar con un plan de distribución dos fondos públicos con criterios obxectivos, porque iso favorecería “a calidade democrática e o desenvolvemento social e económico dun xeito equilibrado”.

Reparto segundo criterios públicos e obxectivos

O Plan Único 2023 da Deputación mantén a súa esencia a través da distribución con criterios públicos e obxectivos dos fondos provinciais entre os 67 concellos da provincia. A poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística, son os criterios de reparto que aplica a institución. Ademais, fixa unha contía máxima de 500.000€ e mínima de 200.000€, coa que se blinda o financiamento dos concellos máis pequenos.

PARTIDO POPULAR

O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinalou antes do inicio da sesión plenaria: “Se o goberno bipartito (PSOE-BNG) da Deputación aproba este Plan Único, consuma unha auténtica decepción, porque as expectativas que crearon, no inicio da lexislatura, eran de incrementalo un 25%; de ter sido así,  estariamos aprobando un Plan Único de 25 millóns de euros e non é así, non aprobamos un plan con cinco millóns de euros máis que no 2019, senón con só 1,5 millón de euros máis”. Castiñeira constata que, “polo tanto, non se cumpren as expectativas, porque é o que interesa ao goberno bipartito, que sigue gobernando para os máis grandes”.

O portavoz popular sinalou que “a concellos como os de Lugo, Viveiro, Monforte ou Vilalba dálles igual que o Plan Único suba ou baixe, porque xa teñen o máximo que permite este plan, que son 500.000 euros; a quen afecta que non suba é aos máis pequenos, que son os que dan a razón de ser a Deputación de Lugo, que para iso está, para compensar aos concellos máis pequenos que son os que máis necesitan. A Deputación é una institución absolutamente territorial e non está cumprindo ese obxectivo”.

Castiñeira lembrou que os nacionalistas “indicaron ao principio da lexislatura, concretamente a señora Ferreiro, que  non cren na Deputación; só hai que escoitar declaracións do BNG cando di que son institucións que non serven para nada”.  O portavoz popular matizou que dende o punto de vista do BNG, as deputacións “serven para estar eles no poder; o problema é que este goberno da Deputación de Lugo usa aos concellos máis pequenos para servirse deles, para estar no poder. Este pode ser o resumo: aprobarán un Plan Único conxelado dous anos seguidos, cando a vida subiu un 25% e os concellos teñen menos recursos”.

O mesmo representante popular manifestou: “Lamentablemente, este Plan Único é a constatación da política da esquerda lucense, que é premiar aos máis grandes e crear máis dificultades para os máis pequenos, aos que xa se incrementaron moito nestes catro anos complexos na xestión para todos os alcaldes que tiveron que xestionar una grave crise pandémica e de prezos. Lamentablemente neste caso a Deputación de Lugo non estivo con eles”.

0.18430399894714