O piloto de rally Eduardo Iglesias foi recibido polo presidente da Deputación de Lugo

RibeiraSacraXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos ao piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, que participou por quinto ano consecutivo no Rally Dakar 2024, rematando no posto 75 da clasificación xeral.
Recepción Eduardo Iglesias Monforte
4 May 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos ao piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, que participou por quinto ano consecutivo no Rally Dakar 2024, rematando no posto 75 da clasificación xeral.

A institución provincial foi un dos principais patrocinadores de Iglesias, que levou a imaxe da provincia tanto na moto, como na súa vestimenta, na que é a proba de motor máis grande do mundo.

Durante o encontro, José Tomé trasladoulle ao deportista os seus parabéns en nome propio e no da institución provincial. “Apoiamos o talento e o esforzo dos deportistas da nosa provincia en todos os niveis, neste caso porque eventos de ampla proxección internacional como é o Rally Dakar supoñen un factor de promoción da provincia de Lugo moi importante”.

O mandatario provincial salientou a importancia do resultado deste ano de Eduardo Iglesias, cun mérito especial, pois, dos 19 pilotos de motos españois que se inscribiron no Dakar deste ano, só 6 conseguiron chegar á meta final e acabar o rally. Deses 6 pilotos que finalizaron, Eduardo Iglesias acadou o 3º mellor posto. No acto institucional, o piloto monfortino estivo acompañado por Jesús Veloso, membro do seu equipo deportivo. O presidente entregoulles un exemplar do libro Proxectos para o Hospital de Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo.

Pola súa banda, Iglesias agradeceu ao Presidente o apoio sempre mostrado pola institución provincial. A Deputación de Lugo vén patrocinando dende o primeiro ano ao piloto lucense na súa participación no Dakar, o rally máis grande do mundo.

Iglesias foi o único piloto galego de motos que conseguiu rematar esta dura proba na que competiu por quinto ano consecutivo. No 2020 acadou o posto 94, no 2021 finalizou no posto 53, no 2022 quedou de 78, no 2023, un accidente sufrido na etapa prólogo impediulle seguir en competición, e neste 2024, acadou o 75. Polo tanto, das 4 veces en que rematou a proba, a segunda mellor clasificación conseguiuna este ano.

0.1627049446106