O Pavillón Municipal de Quiroga contará cunha cuberta totalmente renovada

RibeiraSacraXa
Os traballos contan cun orzamento total de 66.370 euros e permitirán mellorar o illamento térmico e acústico das instalacións
obras-cuberta-pavillon-municipal-quiroga
Obras na cuberta do Pavillón Municipal de Quiroga
15 Oct 2025

O Concello iniciou esta semana os traballos de reforma do tellado do Pavillón Municipal, que consisten na colocación dun novo panel sándwich de dobre lámina de aceiro. A actuación ten como obxectivo mellorar o illamento térmico e acústico das instalacións, ademais de adaptalas ás esixencias actuais en materia de eficiencia enerxética.

O alcalde, José Luís Rivera, visitou o pavillón para comprobar de primeira man o avance das obras, que permitirán ofrecer unhas instalacións deportivas máis confortables e adecuadas á realidade actual. Rivera destacou que a intervención “permitirá prestar uns servizos públicos de maior calidade e con menor custo enerxético”.

A reforma abrangue unha superficie de 1.450 metros cadrados e conta cun orzamento total de 66.370 euros, financiado pola Xunta de Galicia. Unha vez rematados os traballos, o pavillón disporá dun mellor illamento e dun espazo máis eficiente e funcional para o uso deportivo e social da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.069442987442017