O pavillón de Ferreira de Pantón xa está mellorado e conta con moito material deportivo

RibeiraSacraXa
Desde o Concello de Pantón presumen do seu novo pavillón de Ferreira, no que contan "con todo o material necesario para desenvolver toda clase de deportes: porterías, canastras, redes de tenis.
14 Dec 2023

Desde o Concello de Pantón presumen do seu novo pavillón de Ferreira, no que contan "con todo o material necesario para desenvolver toda clase de deportes: porterías, canastras, redes de tenis...", explican.

Así, despois da ampla remodelación que se levou a cabo nel para arranxar teitos, acondicionar a pista e vestiarios ou pintura das instalacións, "agora só resta desfrutalo", sosteñen desde o Goberno local, que anima a todos os veciños e veciñas a utilizar as instalacións.

Ademais, informan de que para seguir mellorando as instalacións municipais, o Concello está acometendo obras de aforro enerxético na casa da cultura e no campo de fútbol.

0.078058004379272